OurenseÚltima hora

Evacuada en helicóptero unha muller ferida nun accidente de tráfico en Esgos

 

Preto das oito da tarde do pasado sábado producíase un accidente de tráfico na OU-536, á altura do punto quilométrico 14, no municipio de Esgos. Un coche saíase remataba fóra da vía, resultando a súa ocupante ferida de consideración, segundo informa o 112 Galicia, que tras ser alertado do sinistro daba aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Mobilizábase un helicóptero medicalizado ata a zona e no que a muller foi evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Ademais, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas, que empregaron o material de excarceración para liberar á muller do interior do vehículo, do GES do Pereiro de Aguiar, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Artigos relacionados

Back to top button