ConcellosFolgoso de CaurelÚltima hora

Evacuado en helicóptero tras sufrir un accidente de quad en Folgoso do Courel

 

Pasadas as cinco da tarde deste xoves, 28 de outubro, o 112 Galicia era alertado, a través da chamada do persoal sanitario, de que unha persoa resultaba ferida tras sufrir un accidente co quad que manexaba no lugar de Moreda (Folgoso do Courel). Na comunicación, os servizos médicos confirmaban a mobilización do helicóptero medicalizado, con base en Ourense, ata ese lugar.

“Así, os operadores do CIAE-112 facilitáronlle a información do accidente á Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES e de Protección Civil de Folgoso. Finalmente, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil confirmoulle ao 112 que o condutor do quad foi trasladado, na aeronave, ata o Hospital Lucus Augusti de Lugo.

Artigos relacionados

Back to top button