A RúaConcellosÚltima hora

Evacuado en helicóptero un mozo na Rúa tras sufrir unha indisposición nun partido de fútbol

 

Na tarde deste sábado 14 de maio, un mozo era evacuado en helicóptero no campo de fútbol Vicente Solarat Maceda, na Rúa, onde se estaba disputando un partido entre os xuvenís do CD Rúa e os do CD La Purísima B.

Tal como explica a adestradora do conxunto rues, a falta de 8 minutos para o final do partido, un dos seus xogadores sufría unha indisposición tendo que ser atendido polo 061-Urxencias Sanitarias. Dado que non é a primeira vez que lle pasa, decidían trasladalo a Ourense “por precaución para que o miren ben”, di a técnica.

 

Artigos relacionados

Back to top button