CarballedaConcellosÚltima hora

Evacuado en helicóptero un operario en Riodolas (Carballeda de Valdeorras)

 

Un operario era evacuado este mediodía en helicóptero “despois de ser golpeado por un obxecto na rexión torácica no lugar de Riodolas, no concello de Carballeda de Valdeorras”, segundo vén de informar o 112 Galicia.

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia, ata o lugar do incidente desprazouse unha dotación do GES Valdeorras así como os axentes da Garda Civil, alertados polo 112 Galicia.

“Foron os profesionais sanitarios os que chamaron ao 112 ás 14:30 horas para informar da mobilización da aeronave medicalizada con base no Hospital de Ourense, onde foi trasladado o ferido. Malia ás lesións sufridas, o operario estaba liberado e atopábase fóra da explotación mineira”, citando a información do 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button