ConcellosNogueira de RamuínÚltima hora

Excarcerado o piloto dun rallie tras unha saída de vía en Nogueira de Ramuín

 

Un piloto de rallie necesitou ser excarcerado, esta mañá, en Nogueira de Ramuín despois de que o vehículo co que circulaba nunha competición, o Rallie da Ribeira Sacra, se saíse da vía, segundo informa o 112 Galicia.

Os feitos tiveron lugar en Valdoasno e foi o propio persoal da organización do evento quen se puxo en contacto co 112 Galicia, ás 10:30 horas, para informar do sinistro. “Ademais, na comunicación solicitábase a colaboración dos efectivos de emerxencias para poder liberar ao condutor do interior do coche, no que estaba atrapado”, indica o 112 Galicia.

Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) deuse aviso aos Bombeiros de San Cibrao, ao GES de Pereiro de Aguiar, aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico e aos membros de Protección Civil do concello.

Ao final, os membros do GES de Pereiro comunicáronlle ao 112 que colaboraron coa organización da proba deportiva nas tarefas de excarceración do piloto para que puidera ser atendido polo persoal sanitario. O copiloto, acompañante do condutor ferido, resultou ileso.

Fotos cedidas.

 

Tramo onde se produciu o accidente./ Cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button