CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Excelente acollida do VII Certame de Corais Aqua Música-Parada de Sil

Este concerto, no que participaban 4 corais, tiña lugar o 19 de agosto na igrexa de Santa Mariña de Parada de Sil

 

Por sétimo ano consecutivo, tanto a veciñanza de Parada de Sil como os seus visitantes podían desfrutar na pasada fin de semana do Certame de Corais Aqua Música. Así, na igrexa de Santa María Mariña interpretábase na tarde do 19 de agosto, durante máis dunha hora, un repertorio dunhas 20 cancións da man de catro corais.

“O espírito do certame vai máis alá da realización dun concerto e pretende ser un reflexo da nosa cultura e tamén ten o desexo conseguido de que os grupos participantes leven un recordo agradábel do concello de Parada de Sil e da Ribeira Sacra xa que están durante todo o día facendo visitas”, explica dende o grupo de goberno municipal.

 

 

Este ano ademais da coral organizadora, Aqua Música, participaban a Coral polifónica Lira de Oia, a Coral Ecos do Castelo de Nigrán e a Coral Polifónica San Lourenzo de Belesar. O concerto concluía cunha actuación conxunta das catro corais, un evento que foi moi aplaudido polo público.

As agrupacións corais interpretaron cancións de todo tipo: dende unha composición do ourensán Manolo de Dios ata habaneras ou cancións brasileras, moi do gusto do público. O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, facíalles entrega ao final dun pequeno recordo a cada unha das corais e agradecía a súa presenza, así como a do público asistente, e anunciaba que, da man de Aqua Música, xa se está a preparar a seguinte edición.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button