Ourense

Excursión ao Parque Natural das Fragas do Eume para despedir o curso no colexio Divina Pastora de Ourense

Os Ecovixiantes de Franciscanas celebraron o Día Europeo da Rede Natura 2000 nesta zona de alto valor ecolóxico

 

O curso está chegando ao seu fin e o alumnado de 2º da ESO, Ecovixiantes, do Colexio Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense despedíao cunha excursión ao Parque Natural das Fragas do Eume, celebrando así o Día Europeo da Rede Natura 2000 nesta zona de alto valor ecolóxico.

A do venres 21 de maio foi unha xornada desexada e moi esperada neste ano de restriccións, que comezaba cun paseo pola cidade de Ferrol, polo afamado barrio da Magdalena e o casco vello, un barrio de arquitectura militar e modernista.

 

Embarcados no “Rías Altas Dos”.

 

No marco do Proxecto Terra – Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que conmemora o 20 aniversario, e dentro da materia de libre configuración Paisaxe e Sustentabilidade, acompañados polos profesores Inma Soto e Jaime Álvarez os rapaces dembarcaron no “Rías Altas Dos” no Peirao da Curuxeira para contemplar a Ría de Ferrol desde outra perspectiva e o Castelo de San Felipe, onde recibiron explicacións sobre arsenais, buques, canóns, zonas amuralladas… ata a Ponte das Pías.

Para repoñer forzas, un estupendo xantar nun albergue de Ecoturismo “Alvarella”, proxecto sostible baseado na bioconstrucción, onde tiveron unha charla sobre a bioconstrucción e as enerxías renovables que nutren este albergue. E para rematar, dentro do Programa STARS España fixeron un roteiro  polo Parque Natural das Fragas do Eume co inicio no Mosteiro de Caaveiro e con varias paradas explicando flora e fauna autóctona.

 

Durante a visita ás Fragas do Eume.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button