CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Excursión de alumnas barquenses de That’s English a Londres

A primeira tentativa de excursión a Londres con alumnos do programa ‘That’s English’ do IES Martaguisela do Barco tiña lugar no ano 2010, cando o volcán islandés Eyjafjallajökull entraba en erupción “e botaba por terra todos os nosos plans”, explica a docente deste programa, Rose.

Oito anos despois, esa primeira tentantiva facíase realidade e neste curso que remata “por fin poidemos facer a excursión e así poñer en práctica as ensinanzas que durante todo o ano aprenderon nas clases. Unha visita de catro días deu para ver o máis salientable da capital inglesa, probar os pratos da gastronomía local e tomar contacto coa cidade, ademais de torrarnos ó sol. Sen dúbida, unha experiencia marabillosa que haberá que repetir”, explica a profesora.

Nesta viaxe, realizada a primeiros de xuño, tiñan previstas diversas visitas: Buckingham Palace e o cambio da garda real; as Casas do Parlamento; A Torre de Londres, a catedral de San Pablo e a viaxe polo Támesis; os mercadillos de Camden Town e Covent Garden e as compras en Harrod’s ou Oxford St. “Faltounos tempo para moitas visitas a pesar de facer todos os días desprazamentos a pé (18km), en metro e tamén en bus”, conclúe.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button