CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Exhibición de danza na praza do Concello do Barco, no marco das Festas do Cristo

 

Uns días despois de celebrar o décimo aniversario, a Academia de Danza Bayadère formaba por primeira vez parte do programa das Festas do Cristo do Barco.

 

 

Na tarde deste venres 13 de setembro, unha hora antes do pregón, os grupos de baile da academia facían unha exitosa exhibición dos bailes cos que recollían diferentes premios en varias categorías neste 2024, tanto en Vigo Porté como en Más que Arte de Ponterrada. Aladín, un solo de flamenco, un dúo clásico, un moderno de competición e un de musicais con que aínda non competiron “pero si que o faremos”, adiantaba a profesora Nuria Reguera ante os aplausos do público asistentes.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button