DeportesÚltima hora

Exhibicións de ballet e ximnasia rítmica; e máster class de zumba, este venres no Barco

Exhibición de ximnasia rítmica o ano pasado./ Foto: A.R.

 

Triple cita co baile no Barco de Valdeorras. Dende a concellería de Deportes organizan para este vernes 31 de maio dúas actividades.

Ás 19 horas celebrarase no pavillón vello, unha exhibición de ballet e ximnasia rítmica a cargo dos alumnos das Escolas Deportivas Municipais.

E unha hora máis tarde, ás 20 hora na praza do Concello haberá unha máster class de zumba para nenos e adultos aberta a todo aquel que queira participar sen necesidade de inscrición previa.

 

Artigos relacionados

Back to top button