OurenseÚltima hora

Éxito de participación na IV Feira da Cervexa Artesá de Ourense

A carpa emprazada na Praza Bispo Cesáreo completou aforo en varios momentos da fin de semana

Ourense acolleu do 7 ao 9 de outubro a cuarta edición da Feira de Cervexa Artesá de Galicia cun gran éxito de participación. A carpa ubicada para a ocasión na Praza Bispo Cesáreo completou aforo en máis dunha ocasión, obrigando aos que chegaban máis tarde a degustar de pé a amplia variedade de cervexas. En total, os asistentes puideron saborear máis de 70 tipos de cervexa cun mesmo mínimo común denominador: a súa elaboración de xeito artesanal. Pero a feira non só ofrecía bebida. Tamén houbo postos de comida, foodtrucks e caravanas con todo tipo de productos de repostería para os máis golosos.

Foi, así mesmo, punto de encontro para os participantes doutras actividades paralelas que se levaron a cabo en Ourense durante a mesma fin de semana. Así, non foi de extrañar ver por alí algúns dos deportistas urbanos que participaban no Pulpo Extreme.

Fotos: S.F.

Artigos relacionados

Back to top button