ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Éxito de participación na campaña solidaria ‘Pincha Movementro polo Nadal’ en favor de Cáritas Viana

 

Viana é solidaria. E así o demostra o éxito de participación na campaña ‘Pincha Movemento Polo Nadal’ celebrada na tarde do xoves 29 de decembro no pavillón municipal en favor de Cáritas Viana.

“Foi alucinante, máis de 60 rapaces de entre 3 aniños e 18 anos que estiveron espectaculares”, din dende Pinchacarneira, explicando que durante a tarde desenvolveron xogos cooperativos para os máis pequenos, torneos de baloncesto e de fútbol así como actividades creativas relacionadas co Nadal. “Tamén elaboramos entre todos o mural cooperativo Viana Solidaria e ata tivemos unha máster class solidaria de zumba”.

Para participar os asistentes debían aportar alomenos 1 kilo de alimentos non perecedoiros co cal a recadación foi importante.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button