EconomíaEconomíaÚltima hora

Éxito de vendas e de público na Feira do Lázaro, celebrada en Verín na fin de semana

O 93% dos expositores volverían a participar neste vento, segundo recolle unha enquisa realizada polo Concello de Verín

 

Valoración moi positivo da Feira do Lázaro de Verín. Así o sinalaban esta mañá o concelleiro da área de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo, e a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, nunha rolda de prensa na que realizaban balance “moi positivo” dos resultados deste evento, celebrado entre os días 1 e 3 de abril no Pavillón Municipal de Deportes da vila. “Baseándonos no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que os stands enquisados dan un notable de media ás vendas e o 93% por cento dos mesmos volverían a participar no evento”, aseguraban.

As enquisas realizadas tamén preguntaban aos expositores por unha serie de cuestións vinculadas a feira entre as que se lle preguntaba a súa valoración, puntuando de 1 a 10, sobre os seguintes asuntos (nota media): a seguridade (9,86), a limpeza (9,58), os stands (9,51), a ubicación (9,31), a animación musical (8,89), a organización xeral (8,68), a promoción e publicidade (7,93) as actividades (7,86) e as ventas (7,37) e o horario (6,82).

Segundo quixo salientar Manuel Lourenzo, os resultados das enquisas mostran unha «ampla satisfacción» entre os expositores enquisados. Exemplo diso é a valoración «máis que positiva» que os stands participantes dan as súas vendas, puntuando unha nota superior a un 7 sobre 10. «En resumo, podemos dicir que a Feira do Lázaro desenvolveuse con normalidade, gran asistencia de público e un resultado notable nas vendas», finalizou Lorenzo.

Pola súa banda, Emilia Somoza tamén se mostrou satisfeita coa ampla participación de veciños e visitantes en todas as actividades culturais programadas durante a fin de semana en Verín. «O Lázaro foi un dos primeiros grandes eventos que tivemos que suspender debido a pandemia e, agora, parece que tamén marca o punto de partida cara a recuperación plena dos nosos grandes festexos, e os seus formatos habituais».

 

 

Sorteo da cesta de produtos premio a mellor stand

O domingo, momentos antes de que pechasen definitivamente as portas da Feira do Lázaro, Manuel Lorenzo, deu a coñecer a identidade do gañador do premio á mellor caseta, recaendo este ano no expositor PlaymoRey.

Tamén, tras entregarlles a todas as casetas o seu diploma de participación, procedeuse a realizar o sorteo da cesta de produtos cedidos polos expositores. Finalmente a gañadora foi Keilla Leticia Rodríguez Dos Santos.

Por último, os expositores (Asubío, Baronceli, Alacena, Olaría do Bazán, Queixería Gaia, D.O Monterrei, Mar e Terra Conservas, Darahada, Regueiro da Cova e Soutogal) que durante os dous días da feira realizaron as actividades variadas recibiron como agasallo sendos exemplares do libro “A historia de Verín en 100 obxectos”.

Os mesmos foron entregados por Rosario Rodríguez, concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior; Manuel Lorenzo, concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería; e por María Isabel González Fernández, concelleira de Comercio do Concello de Verín.

Entre os expositores estaba tamén o Consello Regulador da D.O. Monterrei, que contaba na fin de semana cun Túnel do Viño onde podían catarse brancos e tintos de adegas amparadas pola D.O.

Fotos: Cedidas/ Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button