Numerosas persoas enchían a Aula de Servino na Coruña para asistir a un curso gratuíto sobre a Denominación de Orixe Valdeorras. Esta acción formativa era impartida polo director técnico desta D.O., Jorge Mazaira, quen facía unha presentación desta zona vitivinícola incidindo nas súas peculiaridades climáticas, de solos e variedades, entre outras.
Despois da exposición, os asistentes podían apreciar esas singularidades e matices nunha cata guiada dalgúns dos seus viños.
Fotos cedidas por Servino.