OurenseÚltima hora

Éxito, un ano máis, do concerto benéfico de Nova Fronteira en Barbadás

 

Nova Fronteira organizou esta fin de semana un espectáculo benéfico e Barbadás cuxa recaudación irá destinada á Asociación Pequeños Superhéroes, de axuda a nenos e nenas con miopatías centronucleares. O espectáculo vendeu todas as entradas dispoñibles, recadación que se sumará ás aportacións á “fila 0”, habilitada tamén para quen quixera sumar máis doazóns.

Cada ano dende a organización intentan incluír novo repertorio, aportacións e acompañamentos para facelo cada vez máis atractivo. A base parte da música tradicional, das gaitas, pero ano a ano, coas innovacións, colle tintes dunha “big band” dando lugar a unha música máis actual e que chegue a todo tipo de xente, aínda que non sexan fans da música tradicional. Nova Fronteira é ademais unha das bandas pioneiras (en bandas tan numerosas coma a súa) en combinar a gaita con outros instrumentos non tradicionais, dando lugar a un estilo único.

Para iso, ano a ano incorporan cada vez máis instrumentos e innovan con melodías que fan que sexa agradable e un espectáculo moi bonito de ver que á xente lle gusta. Porén, levalos a cabo é complicado xa que o custo é elevado. Precísase un equipo de son moi potente, un técnico de sonido… o custo é grande polo que realizalos é un reto. O Concello de Barbadás colabora con este evento cunha musicalidade que combina, ademais, unha boa finalidade.

Nova Fronteira contou ademais coa colaboración de Guezos para este concerto. Tamén participou a cantante Jenny Alonso, unha colaboradora habitual da banda cunha voz e proxección únicas.

Artigos relacionados

Back to top button