EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Exitosa cata de viños de Valdeorras en Iberovinac (Almendralejo)

 

Segundo día de Iberovinac en Almendralejo cos viños de Valdeorras como protagonistas. O presidente da Ruta do Viño de Valdeorras Joaquín García era o encargado de guiar, na mañá deste xoves 21 de marzo, a cata de viños de Alán de Val (D.O. Valdeorras) que tiña un seguimento masivo. “Cubríanse as prazas o segundo día do prazo de inscrición tendo que ampliar o cupo dúas veces”, aseguran dende o recinto feiral.

 

 

Hoxe houbo tamén unha recepción oficial no salón magno do Concello de Almendralejo e a proxección do documental “As Covas de Valdeorras” promovido pola Ruta do Viño de Valdeorras.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button