ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Exitosa cea de Halloween no Casino do Barco

Preto de cen persoas asistían á cita organizada pola Asociación Casino do Barco

 

Un gran éxito de convocatoria. A festa de Halloween que se celebraba na noite do 31 de outubro no Casino do Barco, o primeiro evento organizado pola asociación despois da pandemia, reunía a preto de cen persoas, moitas delas disfrazadas, en torno a unha suculenta cea servida por Mantesil.

Pola tarde celebrábase unha festa infantil e xa a partir das 22:30 horas, por 25 euros que custaba a entrada, os asistentes degustaron un surtido de Ibéricos, langostinos 2 salsas, redondo de tenreira con guarnición, postre, café, licores, auga e viño (Godello e Mencía), amenizada musicalmente por Dj’s.

 

O presidente da Asociación Casino do Barco, Pablo Dobao (dereita), durante a cea.

 

Ante a resposta da poboación, dende a Asociación Casino de O Barco que preside Pablo Dobao amósanse moi satisfeitos. “Outros anos á cea de Reis que era a máis numerosa, asistían unhas 40 persoas e nesta, que é unha festa relaticamente nova e sen tanta tradición, temos 97 polo que é todo un éxito”, di Pablo, recoñecendo que cando entraron na directiva, en febreiro de 2020, había 130 socios e agora contan con 250, “socios novos que colaboran responden”, puntualiza.

 

Os asistentes á cea ían moi ben caracterizados.

 

A idea da nova directiva do Casino, formada por xente xove e con ilusión, sempre foi recuperar o pulso social, organizando actividades polo menos unha vez ao mes. Pero xusto un mes despois declarábase o estado de alarma coa consecuente paralización do programa previsto. Un ano despois e pouco a pouco, están recuperando a iniciativa e proba diso é a estreita relación que manteñen co Instituto de Estudos Valdeorreses, facendo exposicións e conferencias todos os meses. “Agora empezamos tamén a colaborar co CCA e a xente que teña o carné de socio do Casino beneficiaranse de descontos nos establecementos do CCA”, explica Pablo, adiantando que tralo éxito da festa de Halloween xa están preparando a seguinte cita.

O día 13 de novembro celebrarán o magosto con merenda (bolo preñado, empanada, caldo galego, bica, torta de roxois, licores,..) e a actuación de Los Brothers. A entrada custará 10 euros e sempre manterán as medidas sanitarias vixentes en cada momento.

 

Artigos relacionados

Back to top button