EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Exitosa II Festa do Caldo da Portela co toque do Folión Os Arrieiros

 

En pleno Entroido e a unha semana dos días centrais, a Asociación A Rabiosa da Portela  (Petín-Larouco) organizaba a II edición da Festa do Caldo. Unha exitosa cita que no mediodía deste sábado 3 de febreiro reunía a unhas 170 persoas en torno a un exquisito menú a base de caldo a esgalla, carne do caldo, torta de roxóns, viño, auga, café de pota e licores.

 

 

Ademais do xantar, na xuntanza non faltou algún que outro disfraz, o toque do Folión Os Arrieiros de Petín e tamén os sorteos de diferentes produtos.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button