EconomíaEconomíaÚltima hora

Exitosa primeira edición do “Pincho Lázaro” con máis de 3.000 tapas vendidas

O concurso celebrábase no marco da Feira do Lázaro de Verín que tiña lugar na fin de semana do 16 e 17 de marzo

 

“Máis que positivo”. Así é o balance dos resultados da Feira do Lázaro de Verín, celebrada na fin de semana no Pavillón Municipal de Verín, feito esta pañá polo concelleiro de de Transporte, Feiras e Xuventude, Manuel Lorenzo, e a concelleira de Festexos, Cultura, Turismo e Conservatorio, Samanta Barreira. “Baseándonos no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que os stands enquisados dan un sobresaínte á organización xeral do evento e aproban as vendas acadadas”.

As enquisas realizadas tamén preguntaban aos expositores por unha serie de cuestións vinculadas a feira entre as que se lle preguntaba a súa valoración, puntuando de 1 a 10, sobre os seguintes asuntos (nota media): a limpeza (9,93), os stands (9,74), a ubicación (9,71), a animación musical (7,14), a organización xeral (9,84), a promoción e publicidade (8,76), música (7,15), as actividades (9,10) e as ventas (6,60) e o horario (9,17).

Segundo quixo salientar Manuel Lourenzo, os resultados das enquisas mostran unha “gran satisfacción” entre os expositores participantes. Exemplo diso é a valoración “sobresaínte” que dan a organización xeral do evento, achegándose a máxima puntuación posible cun 9,84 de media. Cabe destacar tamén o aumento significativo de vendas que se logrou na mostra de vehículos novos e de ocasión. “En resumo, podemos dicir que a Feira do Lázaro desenvolveuse con bo e tranquilo ambiente festivo, gran asistencia de público e un resultado que os propios participantes valoran como sobresaínte”, finalizou Lorenzo.

Pola súa banda, Samanta Barreira tamén se mostrou moi satisfeita coa gran participación de veciños e visitantes en todas as actividades culturais programadas durante a fin de semana en Verín “que encheron de música e un moi bo ambiente festivo tanto o recinto feiral coma as diferentes rúas e prazas da vila do Támega”.

Premio ao mellor stand

 

 

O domingo, momentos antes de que pechasen definitivamente as portas da Feira do Lázaro, Manuel Lorenzo, deu a coñecer a identidade do gañador do premio á mellor caseta, recaendo este ano no expositor Vidago Valley. O concelleiro de Feiras foi o responsable de entregarlle o diploma acreditativo que, ademais permite a súa participación gratuíta no Lázaro 2025.

Por último, os expositores (Queixos Gaia, Asubío, Baronceli, Alacena Puebla de Sanabria, Delicatessen, Arianrhod, Joyería Pato, D.O Monterrei, Tarde Piache, Carmecas, e Regueiro da Cova) que durante os dous días da feira realizaron as actividades variadas recibiron como agradecemento á sua particpación una botella de viño da D.O Monterrei.

Éxito rotundo da primeira edición do “Pincho Lázaro” con máis de 3.000 tapas vendidas

De “rotundo éxito” cualifican tamén dende o área de Feiras a I edición do concurso gastronómico “Pincho Lázaro”, que remataba o pasado sábado 16 de marzo con máis de 3.000 tapas vendidas nos 13 locais hostaleiros participantes.

Do 14 ao 16 de marzo, tanto veciños como visitantes tiveron a oportunidade de converterse en críticos gastronómicos e elixir o seu pincho favorito. Tras facer o reconto de papeletas, o pincho mellor valorado foi “A pera que non é pera” do Restaurante Brasil, ao cal se lle fixo entrega do diploma acreditativo así como dunha cesta de produtos cedidos polos diferentes expositores da Feira do Lázaro. Destacar tamén que en segundo e terceiro lugar como pinchos máis valorados foron: 2º Tapería Rúa Maior “Solombo Rúa Maior” e 3º LaLuma “Mini burguer de tenreira, chedar, rúcula, tomate, salsa burguer e patacas”.

Ademais, as persoas que degustaron os pinchos optaron a gañar baixo sorteo un bono de 100€ para gozar en calquera dos establecementos de hostalería que participen no concurso. Nesta ocasión, o gañador foi Alejandro Pérez Vega; que, ademais, recibiu tamén unha cesta con produtos cedidos por algúns expositores.

Fotos: Concello de Verín

Artigos relacionados

Back to top button