DeportesKárateÚltima hora

Exitosa xornada para os karatekas valdeorreses na 1ª proba da liga galega 2024 celebrada en Ferrol

O KC River Stone do Barco lograba 10 medallas e o SHARK da Rúa 1

 

A piques de rematar o ano ano e en plenas festas de Nadal, o sábado 23 de decembro celebrábase en Ferrol a primeira xornada da liga galega de karate 2024, que coma sempre contou cunha ampla representación valdeorresa, logrando moi bos resultados.

En total, o Karate Club River Stone do Barco de Valdeorras sumaba 10 medallas (3 ouros, 4 pratas e 3 bronces) mentres que o Shotokan A Rúa Karate Club, SHARK, conseguía 1 ouro. Tamén houbo moitos quintos e sétimos postos en ambos clubs.

 

KC River Stone.

 

Por categorías, en benxamín masculino avanzado Álvaro Blanco Blanco lograba a prata; en alevín masculino avanzado, Manuel Blanco Blanco ouro e Miguel Crespo Bao bronce; en Infantil masc. avanzado, Diego López Puey era bronce; en xuvenil feminino avanzado, Aina Moral Castro era prata e Cloe Yáñez González bronce; en xuvenil masc. iniciación, Anton Fariñas Touris prata; en xuvenil masc. avanzado José Carrera Fernández era ouro e Nazan Barreda Fernández prata; e en cadete masc. avanzado, Brian Rodríguez Carballo outro ouro. Elsa Carriba do SHARK  lograba un ouro en xuvenil feminino iniciación.

 

SHARK A Rúa.

 

Fotos: @karateriverstone e cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button