ConcellosEn portadaLaroucoÚltima horaVídeos

Exitoso concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas na igrexa de Larouco

 

Na tarde deste venres 27 de decembro a igrexa de Santa María dos Remedios de Larouco acollía o tradicional concerto de Nadal a cargo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Trátase dun dos símbolos indiscutibles do Nadal en Ourense, grazas ao labor da Escola Provincial de Gaitas que dirixe Xosé Lois Foxo que envolvía o templo co son tradicional e tamén navideño.

 

 

Durante o concerto, que era seguido por numeroso público co alcaldesa Patricia Lamela en primeira liña, a Escola Provincial de Gaitas homenaxeba a unha das voces máis importantes de Galicia: Blandina González Rodríguez, cantora de Cotarós (Trives).

 

 

actuación comezaba coa Marcha Procesional de San Faustino Míguez que a Real Banda interpretou no Vaticano, incluíndo a actuación de varias cantoras da zona como Jacinta de Lentellais, Isabel de Arcos, Rogelio de Aceveda, Fiuca… Ademais de Lucía Pérez, Xabier Vizcaíño e a Coral Candea de Viana do Bolo, sen deixar de tocar o Himno Galego que fixo poñer en pé á sala.

 

Programa.

 

Fotos e vídeos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button