Moi boa acollida está tendo a camiseta do 50ª aniversario do Centro de Deportes Barco. Tan boa que no primeiro día da apertura de reservas, xa tiñan solicitadas 150. “Foi unha loucura”, di o presidente do club Nilo Ramos adiantando que as reservas son de lugares moi dispares: Zaragoza, Barcelona, Madrid, París, Sevilla ou Murcia.
Nilo asegura que o ano pasado, en toda a campaña venderían unhas 400 polo que se sorprenderon do número de encargos nun só día “e creo que incluso foi algunha máis”, di adiantando que farán un primeiro pedido de 500 e segundo vaian tendo reservas farán máis.
A nivel xogo, o primeiro equipo do CD Barco que contará como comodín con Aleixo Cabral (ex Ponferradina, Zamora, Toreno ou Bembibre), comezará a pretempada este mércores 2 de agosto.
