CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

‘Expoholywins’ 2022 no Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa

 

Cada ano con motivo da festividade de Todos os Santos, os alumnos do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa preparan unha exposición que durante unha semana permanece aberta no vestíbulo do centro.

Nalgunha ocasión centráronse nos santos dos alumnos, noutra fixérono sobre os santos da comarca de Valdeorras e este ano estivo adicada aos santos que se caracterizan por ser pacifistas. Co nome de “Holywins” (a santidade vence) a mostra fai un percorrido pola obra de santos como Teresa de Calcuta, Martín de Porres ou Juan Pablo II, nos que atopamos “grandes exemplos de que interceden por nós dende o ceo”, din dende o centro escolar, lembrando que “San Pablo ensínanos que os santos están con nós”.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button