CulturaCulturaÚltima hora

Exposición de figuras elaboradas con pezas Lego, na Veiga

Trátase de multitude de pezas e maquetas elaboradas polo ourensán Martín Fernández Mera

 

Dende flores, pasando por pianos, vehículos de bombeiros ata construcións de moi diverso tipo formando maquetas. Toda unha serie de creacións, realizadas con pezas Lego, expoñíanse na pasada fin de semana no Toural da Veiga. A mostra, titulada “Exposición de Lego”, é obra de Martín Fernández Mera, un dos monitores do campamento da Veiga.

 

 

Este mozo, natural de Ourens, sente dende os 3 anos unha gran afección polos Lego. Empezou desde pequeno a realizar figuras con Lego e realizou exposicións coas elas en Portugal e Dinamarca. Todas as pezas feitas por el, e tamén figuras que fixo durante toda a semana no Taller de Lego cos nenos da Veiga, reuníanse nunha mostra conxunta. Nela participaban 65 nenos cos que empezou a construír a ponte da Veiga coas súas pezas. O total de persoas que visitaban a exposición durante a fin de semana foron unhas 250 persoas.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button