A RúaConcellosÚltima hora

Exposición de libros, revistas e periódicos en galego, o 17 de maio na praza do Concello da Rúa

Colección de periódicos antigos./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Unha das moitas afeccións que ten David López, veciño de Petín e un dos fundadores de Protección Civil da Rúa, é coleccionar todo tipo de obxectos, que conforman pequenas coleccións que foi ampliando ao longo dos anos, expoñendo e mesmo vendendo. Dende réplicas en miniatura de coches, selos ou moedas, ata bandas deseñadas, álbumes de cromos e de fotos antigas e por suposto periódicos antigos e libros.

Ten asistido a feiras e mercadiños, ademais de expoñer parte desas coleccións e o vindeiro mércores  17 de maio, Día das Letras Galegas, estará na praza do Concello da Rúa cunha mostra de libros, revistas e periódicos en galego.

Conta coa colaboración do Concello e poderá visitarse de 10 a 14 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button