Galerías de fotosÚltima hora

Exposición de pins na tapería Orballo, na Rúa

O establecemento hostaleiro abría as portas con nova xerencia no mes de abril

De deportes, de política, de debuxos animados, de clubs e asociacións,… Máis grandes, máis pequenos, de cores,… De todos os motivos imaxinables son os máis de 700 pins que David López (Petín) ten coleccionado ao longo dos anos e que dende comezos do mes de xuño poden verse expostos na tapería Orballo, na Rúa.

Ubicado en plena rúa Progreso, moi preto do Concello, o local de hostalaría abría as portas no mes de abril con Juan Manuel Sampedro Manzanera ao fronte. Ademais de copas, cafés, viño e bocadillos (fríos e quentes), cada domingo pódese degustar polbo á feira, preparado pola pulpeira na propia terraza do local.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button