CulturaCulturaÚltima hora

Exposición de “Postais do Mundo” na Casa da Cultura da Rúa

Son da colección persoal de David López Nogueira e poden verse ata o 30 de abril

 

Primeiro foi de láminas de Castelao, desposis de marcapáxinas e agora de postais. En menos de tres meses a Casa da Cultura e máis concretamente a Biblioteca Municipal da Rúa acolleu tres exposicións diferentes, todas das coleccións privadas de David López Nogueira, un apaixoado do coleccionismo.

 

 

Dende o 2 e ata o 30 de abril pode verse, no horario da biblioteca, unha fermosa mostra de postais de todo tipo, temática e época. Hainas en branco e negro, de diferentes cidades e vilas do mundo, de natureza,… e mesmo algunha personalizada (hai unha dun carteiro co rostro de David, en relación á súa profesión).

 

 

A maioría están colocadas sobre dúas mesas no interior da biblioteca, pero tamén as hai colgadas da parece no tramo de escaleiras que sube ao primeiro andar da Casa da Cultura.

O horario da biblioteca é: luns de 16 a 20 horas; de martes a venres de 10:30 a 13 e de 16 a 20 horas; e sábado de 10 a 13:30 horas.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button