CulturaCulturaÚltima hora

Exposición sobre as feiras de antano e as razas gandeiras autóctonas, no Barco

Estará instalada ata o vindeiro 15 de marzo na zona de entrada do Teatro Lauro Olmo

Imaxe dunha feira de gando./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ata o vindeiro 15 de marzo poderá visitarse no Teatro Lauro Olmo a exposición “As Feiras de Ourense”, unha mostra realizada polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo para a romaría Raigame. Nesta mostra cóntanse como eran as feiras de antano na provincia de Ourense e tamén das razas gandeiras autóctonas.

“A exposición fai un percorrido, a través de 21 paneis, dos que aproximadamente a metade dedícanse ás feiras da provincia de Ourense nos séculos XIX e XX, entre eles hai un sobre as feiras do Barco e da comarca, e o resto dos paneis describen as razas gandeiras galegas e as súas características”, segundo se informa dende o Departamento de Cultura do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button