SanidadeÚltima hora

Falece 1 persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Verín e outra no de Monforte

Exterior do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento nas últimas horas en Galicia de 5 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. En concreto, falecía un home de 83 anos, procedente Residencia Val de Monterrei, que estaba ingresado no Hospital Público de Verín.

Ademais perdía a vida un home de 93 anos no Hospital de Monforte, unha muller de 85 anos na Residencia de maiores de Ribadeo, un home de 88 anos en Povisa e unha muller de 89 anos no Hospital de Burela.

Estas cinco persoas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button