OurenseÚltima hora

Falece a condutora dunha moto en Laza

 

Rozando as 13h. deste domingo 27 de agosto o 112 Galicia recibía a alerta dun accidente de moto na estrada OU-112 en Laza. Activábase entón a alerta a través dos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tiñan en marcha o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

“Desde os primeiros instantes da comunicación deste accidente ao 112 Galicia, temíase o fatal desenlace, pois a condutora estaba inconsciente e en parada tras caer coa súa moto”, sinalan dende o 112 Galicia. Mentres, desde o 112 Galicia, solicitouse a colaboración dos membros do GES de Laza e informouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Con todo, pouco tempo despois, confirmouse o falecemento da condutora, segundo sinala o 112 Galicia. Ademais, foi informado o grupo de psicólogos especializados na atención en situacións de grave emerxencia para prestar axuda profesional aos familiares da falecida, tal e como solicitaron os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button