OurenseÚltima hora

Falece José Ramón González, membro da Escudería Ourense

José Ramón González.

José Ramón González, unha das figuras máis importantes e imprescindibles do automobilismo ourensán faleceu a causa dun cancro fulminante.

Apaixoado do mundo do motor, a súa morte chega por sorpresa, por culpa dunha enfermidade que no lle deu tempo a intentar recuperarse. Home imprescindible na Escudería Ourense desde hai moitos, moitísimos anos, José Ramón, co seu bo carácter fíxose querer por todos os afeccionados da provincia e as súas ganas de colaborar e facer máis grande este deporte levárono a ser unha das figuras máis solicitadas no mundo dos rallyes españois, incluído o Rallye de Cataluña do Mundial, do que foi sempre peza imprescindible a través de dirección de carreira.

Agora, tocaralle seguir ao seu Rallye de Ourense, ese que tanta ilusión, stress e algún que outro disgusto lle custaba cada ano, no ceo, onde a bo seguro nos seguirá guiando e aconsllando.

Texto: Prensa Rallye Ourense

Artigos relacionados

Back to top button