Non apeaba o seu sombreiro, de aí o nome co que era coñecido, amenizando coa súa caixa moitos actos e de forma moi especial os do Entroido, poñendo música á Comparsa A Ruada e ao Enterro da Sardiña, pero tamén nas procesións de Semana Santa na Rúa Vella. Actos nos que xa non se vía dende hai anos e que non volverá cubrir.
Na xornada deste xoves falecía Manuel Fernández Vidal ‘Vaquero’ aos 76 anos. Era unha persoa moi entrañable e levaba un tempo en Lugo, onde finaba, pero a súa capela ardente está no Tanatorio San Antón, na Rúa, e o funeral e o enterro celebraranse mañá venres 20 de setembro ás 17 horas na igrexa parroquial de Santo Estevo.