ConcellosManzanedaÚltima hora

Falece o condutor do camión formigoneira que caera por un rerraplén no municipio de Manzaneda

 

Fatídico desenlace para o accidente de tráfico sucedido esta mañá no municipio de Manzaneda, ao coñecerse o “falecemento do condutor do camión formigoneira que caía por un desnivel duns vinte metros”, tal como informan dende o 112 Galicia. O propio servizo de emerxencias indica que “o corpo sen vida do home era excarcerado polos equipos de rescate mobilizados ata o lugar do accidente, no punto quilométrico 15 da OU-0701”, moi preto de San Miguel de Bidueira. O condutor era veciño de Raigada.

“Na comunicación, indicaba que o vehículo tiña a cabina esmagada e, no interior, o condutor estaba atrapado”, explican. Acto seguido, desde o 112 Galicia poñían a situación en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que “malia mobilizar un helicóptero medicalizado, só puido confirmar o falecemento do home”.

Ademais, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención do GES de Castro Caldelas, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button