OurenseÚltima hora

Falece o condutor dun coche tras unha colisión en Carballeda de Avia

 

Na mañá deste xoves 29 de febreiro producíase unha colisión entre dous coches, en Carballeda de Avia, na que falecía o condutor dun deles, tal como informan dende o 112-Galicia.

Era unha das persoas implicadas, que viaxaba no outro vehículo accidentado, a que chamaba ao 112 Galicia comunicando o ocorrido case quince minutos despois das 10:15 horas. Durante a conversa “explicaba que acababa de colidir contra outro coche no quilómetro 3 da OU-0306, á altura de Carballeda de Avia, indicando xa dende o primeiro momento que había unha persoa que precisaba asistencia sanitaria urxente”.

Nada máis ter constancia, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ribadavia, da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil de Carballeda de Avia. “O persoal sanitario desprazouse ao lugar en ambulancia e só puido confirmar o falecemento do home”, aseguran dende o 112.

Artigos relacionados

Back to top button