OurenseÚltima hora

Falece o condutor dun tractor en Oímbra

 

Na mañá deste mércores 21 de setembro producíase un incidente que rematou cun varón falecido no concello ourensán de Oímbra. Segundo indican dende o 112 Galicia a vítima “foi atopada próxima a un tractor” e barállase a posibilidade de que sufrira “un contratempo ao tratar de baixar do vehículo agrícola”, explican, engadindo que foron os servizos sanitarios os que contactaron co 112 preto das 12:45 horas para informar da situación e solicitar a colaboración doutros equipos de intervención.

Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Verín e tamén aos axentes da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button