ConcellosÚltima hora

Falece o octoxenario da Rúa que sufría queimaduras hai un mes nunha queima agrícola

O accidente tiña lugar na zona da Graveira e dende alí era trasladado en helicóptero ata a unidade de queimados do hospital da Coruña
Lugar onde se producía o accidente.

O octoxenario rues que resultaba ferido por queimaduras nas pernas o pasado 15 de febreiro mentres realizaba unha queima agrícola nun viñedo na zona da Graveira (A Rúa) falecía onte, 12 de marzo. Estaba hospitalizado na unidade de queimados do Hospital da Coruña, a onde era trasladado de urxencia en helicóptero tras o accidente.

Este veciño da Rúa, de 84 anos, será enterrado mañá xoves ás cinco da tarde neste localidade valdeorresa.

Artigos relacionados

Back to top button