CarballedaConcellosÚltima hora

Falece un camioneiro ao envorcar o vehículo que conducía no municipio de Carballeda de Valdeorras

 

O 112 Galicia vén de informar dun accidente de tráfico ao fío das 08:40 horas no municipio de Carballeda de Valdeorras. Tiña coñecemento del logo de recibir a chamada dunha persoa particular, quen solicitaba axuda. “Durante a comunicación cos xestores de emerxencias, o alertador indicaba que o home se atopaba no interior do camión despois de envorcar cando circulaba pola OU-0802, no concello de Carballeda de Valdeorras. Advertía, ademais, da gravidade do accidente”.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasouse aviso de inmediato aos profesionais sanitarios, que incluso barallaron a posibilidade da mobilización dun helicóptero medicalizado, aínda que, finalmente, o home faleceu.

Así mesmo, ademais dos medios sanitarios, acudiron os Bombeiros e GES de Valdeorras e os axentes da Garda Civil de Tráfico, tras ser requiridos polo 112 Galicia.

“Finalmente, unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración do home falecido. Malia aos esforzos dos equipos de emerxencias desprazados ata o lugar, nada se puido facer para salvarlle a vida”, tal e como confirma o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button