OurenseÚltima hora

Falece un home tras ser atropelado en Sandiás

 

Na noite do mércores 30 de abril falecía un home tras ser atropelado, en Sandiás, tal como informan dende o 112 Galicia, puntualizando que o accidente mortal tiña lugar contra as 23 horas no quilómetro 3,9 da OU-531 (Xinzo de Limia-Cortegada), en Couso de Limia.

“O particular que conducía o vehículo implicado contactou co 112 Galicia e sinalou desde o primeiro momento que a persoa atropelada non respondía”, indican, explicando que solicitaban a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Garda Civil de Tráfico. Tamén informaban aos Bombeiros de Xinzo, aos voluntarios de Protección Civil de Sandiás e aos servizos de mantemento da estrada.

Desgraciadamente “cando chegaron ao punto, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa”, certifican dende o 112.

Dende a Garda Civil confirman que o falecido era un peón de 80 años, veciño de Sandiás que “vestía totalmente de escuro sen facer uso de ningunha prenda reflectante”. O condutor do turismo daba “negativo en probas de alcohol e drogas”. Instrúe dilixencias o Equipo de Investigación de Verín.

 

 

Fotos: Garda Ciivil.

Artigos relacionados

Back to top button