Na mañá deste xoves 19 de setembro producíase un accidente no que falecia un home ao caerlle unha pedra enriba e quedar atrapado, no concello ourensan de Melón.
Segundo informan dende o 112 Galicia o suceso tiña lugar dez minutos antes das 12:30 horas, momento no que “un particular contactactaba co centro para informar de que a un home caéralle unha pedra enriba cando estaba nunha casa abandonada, en Quins, preto da igrexa, sen poder saír de debaixo”.
Con esta información os xestores do 112 pasaban o aviso aos Bombeiros do Carballiño, informando tamén ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén tiveron coñecemento do suceso o GES de Ribadavia, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Melón.
“A dotación de bombeiros conseguiu liberar á persoa pero estaba falecida, sen que se puidese facer nada por salvarlle a vida”, din dende o 112, puntualizando que “os servizos de emerxencias explicaron que puido ter ocorrido foi que o home atopábase traballando co seu tractor pola eira no momento no que a pedra, provinte da casa en ruínas, caeu sobre el”. De feiteo, os bombeiros ían asegurar a zona para poder evacuar ao falecido, pois “a estrutura do inmoble era moi inestable e revestía risco de derrubamento”.