ConcellosÚltima hora

Falece un camioneiro nun accidente na N-VI en Vega de Valcarce (León)

 

Esta mañá tiña lugar un accidente de tráfico no quilómetro 430 da N-VI, en Vega de Valcarce (León). Producíase unha colisión entre dous camións, un de cuxos condutores atopábase atrapado no interior da cabina, segundo a información feita pública polo 112 de Castela e León.

Tras recibir o aviso dende o 112 de Galicia, a sala de operacións do 1-1-2 de Castela e León daba aviso do incidente á Garda Civil de Tráfico de León, aos Bombeiros de Ponferrada e a Emerxencias Sanitarias – Sacyl ,que envíaba un equipo médico de Villafranca do Bierzo e unha ambulancia soporte vital básico. Ademais, desde o 112 de Galicia tamén se envíaban recursos ao lugar.

No lugar, o persoal de Sacyl confirmaba o falecemento do condutor do camión.

Artigos relacionados

Back to top button