CarballedaConcellosÚltima hora

Falece un ciclista no municipio de Carballeda de Valdeorras

 

Dende o 112 Galicia vén de informarse de que a primeira hora desta tarde unha persoa perdeu a vida en Carballeda de Valdeorras “ao caer posiblemente dunha bicicleta, nunha zona de monte na parroquia de Pumares”. Os feitos sucederon ao fío das 13:45 horas, a dous quilómetros de Sobradelo. Un particular alertaba ao 112 Galicia de que atopara a unha persoa “mal ferida ou incluso falecida, posiblemente tras sufrir unha caída da bicicleta que manexaba”.

Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tan só puido confirmar o falecemento da persoa. Tamén, deuse conta da situación aos axentes da Garda Civil, que tratan de esclarecer as circunstancias do suceso. Segundo confirmaron ao 112 Galicia, “a persoa si circulaba en bicicleta cando tivo lugar o óbito”.

Artigos relacionados

Back to top button