ConcellosManzanedaÚltima hora

Falece un home ao precipitarse por un terraplén no concello de Manzaneda

Medios de emerxencia e sanitarios no lugar dos feitos.

 

Na mañá deste mércores 16 de xuño un home de nacionalidade estranxeira perdía a vida, no concello de Manzaneda, despois de caer por un desnivel duns dez metros de altura na estrada de Raigada ao encoro do Bao.

Tal como informan dende o 112, arredor das 11:30h. recibian a chamada dun particular, que solicitaba “axuda para unha persoa que acababa de precipitarse, desde un muro, por un terraplén duns dez metros de alto”. Durante a comunicación, afirmábase que a persoa estaba atrapada e inconsciente.

De forma inmediata, os operadores do CIAE-112 avisaron aos servizos sanitarios de urxencia, ao GES de Castro Caldelas, aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Manzaneda e á Garda Civil e poucos minutos despois, os servizos sanitarios confirmaron a mobilización, cara o lugar, do helicóptero medicalizado con base en Ourense. Xa desde o punto, e pese aos esforzos do persoal sanitario, os medios de intervención confirmaron que nada se puido facer por salvarlle a vida á persoa precipitada.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button