
Na tarde deste martes 17 de decembro producíase un accidente en Muíños no que falecía un home de avanzada idade logo de caer desde un tellado de uralita que cedía, “precipitándose a persoa ao chan”, tal e como indican dende o 112 Galicia, puntualizando que era localizado pola súa muller “xa sen vida e cun golpe na cabeza”.
Contra as tres desta tarde, o 112 Galicia recibía o aviso por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiña un equipo en camiño. Sen embargo, “pediron a colaboración dos axentes da Garda Civil debido ás dificultades para determinar as causas do falecemento”. Deste xeito, un tempo despois, “os axentes de seguridade confirmaron que a persoa, un veciño do lugar de Laxal, caera do tellado dun cuberto lindeiro coa casa principal. Todo parece indicar que a uralita cedeu e precipitouse ao chan”.



