A primeira hora do domingo 23 de abril un home resultaba morto na localidade bolesa de Tuxe despois de que lle caise un piñeiro enriba. Segundo se informa dende o 112, a “vítima a quedou atrapada baixo a árbore. Urxencias Médicas descartou desprazar o helicóptero medicalizado con base en Ourense unha vez que os efectivos que viaxaban na ambulancia, ao chegar, confirmaran que a persoa falecera”.
O 112 Galicia recibía o aviso por parte dun particular ás 08:25 horas. Axiña, o CAE 112 Galicia informaba do suceso, tamén, aos Bombeiros de Valdeorras e á Garda Civil, que se desprazaban ata o lugar. Os bombeiros aseguraban a árbore e liberaban á persoa atrapada deixando acceso aos sanitarios.