Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Falece un home tras sufrir un accidente mentres cortaba leña en Chandrexa de Queixa

Un helicóptero do Servizo de Gardacostas rescatou o corpo do falecido

 

Na mañá deste sábado 15 de abril producíase un fatal accidente en Chandrexa de Queixa. Tal como indican dende o 112 Galicia “eran as 11:15 horas cando alertaban, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dunha persoa que sufrira un accidente mentres cortaba leña para uso privado no lugar de Forcadas, en Chandrexa de Queixa”.

Os servizos sanitarios mobilizaron o seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, mentres que as forzas da orde traballan para esclarecer as circunstancias nas que se produciron os feitos. “Desde un primeiro momento, apuntábase á posibilidade de que estivese falecida, o que confirmaron unha vez no punto”, aseguran dende o 112 Galicia que informaban, ademais dos servizos sanitarios, ao GES de Castro Caldelas, á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Ourense.

“As condicións do terreo, moi barroso, dificultan a acción dos servizos de emerxencias”, din dende o CIAE-112 Galicia, que se vía obrigado a solicitar a colaboración do Servizo de Gardacostas de Galicia, que anunciou a saída do Pesca I cara o lugar, que se encargou de trasladar o cadáver ata unha zona próxima.

 

Artigos relacionados

Back to top button