OurenseÚltima hora

Falece un motorista tras sufrir unha saída de vía no concello ourensán da Merca

 

Un motorista perdía a vida na tarde do sábado 5 de febreiro tras caer cando circulaba pola OU-540, ao paso polo concello ourensán da Merca.

Tal como informan dende o 112 Galicia, a alerta sobre este accidente activábase ao fío das 18:30 horas a través da chamada de varias testemuñas do suceso. Segundo a información facilitada o sinistro tiña lugar á altura do punto quilométrico 15, ao seu paso pola parroquia da Manchica.

Nada máis ter constancia dos feitos, desde o 112 avisaban ao equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar dos feitos. Desafortunadamente, a pesar dos esforzos dos efectivos de emerxencias, soamente se puido confirmar o falecemento do motorista.

Co fin de prestar apoio e respaldo aos profesionais sanitarios e restablecer as condicións de seguridade na vía, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaba a colaboración dos Bombeiros da Mancomunidade Terras de Celanova, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, dos efectivos de Protección Civil de Celanova e do servizo de mantemento da estrada.

Artigos relacionados

Back to top button