ConcellosRibas de SilÚltima hora

Falece un operario ao sufrir un accidente cunha carretilla en Ribas de Sil

 

Un operario perdeu a vida esta tarde en San Clodio (Ribas de Sil) despois de quedar atrapado debaixo da carretilla que manexaba para trasladar a carga dun tráiler, tal e como informa o 112 Galicia. O suceso tiña lugar nun paso a nivel da rúa do Ferrocarril, preto das 18:30 horas desta tarde. Nese momento, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do accidente.

Nada máis ter coñecemento do suceso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvarlle a vida ao operario accidentado.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Monforte, da Garda Civil, do GES de Quiroga e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Artigos relacionados

Back to top button