ConcellosRubiáÚltima hora

Falece un operario nun accidente laboral no concello de Rubiá

 

Na mañá deste mércores 24 de xaneiro producíase un accidente laboral nunha central hidroeléctrica no municipio de Rubiá no que falecía un operario, segundo incidan dende o 112 Galicia, indicando que “os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu pasamento”.

Faltaban dez minutos para as 12:30 horas cando o 112 Galicia era alertado polo persoal da central, que se atopa na parroquia de Covas. Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaban de contado un operativo solicirando a participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros e do GES de Valdeorras e dos axentes da Garda Civil. “Os bombeiros interviñeron para liberar o corpo do traballador, que quedara atrapado nunha das máquinas e por cuxa vida nada puido facer o persoal sanitario”, conclúen.

Artigos relacionados

Back to top button