
Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse o falecemento nas últimas horas de sete persoas que foran diagnosticadas por coronavirus en Galicia, unha delas no Hospital de Valdeorras no Barco. Trátase dun home de 80 anos que tiña patoloxías previas. Dende o pasado 1 de novembro non se rexistraban falecementos de pacientes con Covid no centro valdeorrés.
Na provincia rexistrábanse ademais outros dous falecementos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense: unha muller de 89 anos (que procedía da residencia Nosa Señora dos Miragres en Barbadás) e unha muller de 82 anos.
Ademais no resto de Galicia perdían a vida outras catro persoas: un home de 76 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra, unha muller de 88 anos no Hospital de Montecelo e dúas mulleres de 92 e 89 anos no Hospital da Mariña (procedían da residencia San Cibrao en Cervo). Todos tiñan patoloxías previas agás a muller falecida en Montecelo, segundo Sanidade.



