OurenseÚltima hora

Falece un xove nun accidente de tráfico no concello de Ramirás

 

Na mañá deste sábado 26 de agosto falecía un home na localidade ourensá de Ramirás tras sufrir un accidente co seu vehículo, tal como informan dende o 112 Galicia, indicando que “foi necesario empregar os equipos de excarceración para liberar a vítima, que estaba atrapada no interior do coche”.

Aínda non eran as sete desta mañá, cando o 112 Galicia recibía unha alerta a través do sistema ecall do vehículo. “Enviaba datos dun sinistro na OU-531, ao paso por Ramirás, concretamente na parroquia de Paizás”, din dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, que “co fin de comprobar esta información in situ”, pedían a colaboración dos membros do GES de Terras de Celanova, que “non só confirmaron o accidente, senón que tamén advertiron dunha persoa inconsciente atrapada no interior: era necesario proceder á súa excarceración”, explican dende o 112, engadindo que “pouco despois informaron de que a persoa, un varón novo, carecía de pulso e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada puideron facer por salvarlle a vida”.

Ademais de efectivos de emerxencias e sanitarios, desde o 112 Galicia solicitaban a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Igualmente, contaron co apoio dos voluntarios de Protección Civil e coa axuda do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestructuras.

Artigos relacionados

Back to top button